O SOL REBOTANDO POLAS ILLAS

Zorba infinito


Como un  melón zumento
revértese
na terra a túa alegría.

E a vida é un corpo de femia luxuriosa,
é o sol rebotando polas illas,
é o riso minando os agros deica o mar.

O corazón saúda
mentras abana o vento a túa camisa
e o tempoé como Zeus,
asolloso e boizán,
reloucando no fume de infinitos caldeiros.

Imaxino
unha guitarra ferida de silencio
espertando, na tarde;
unha tímida corda
arrincando a modiño o apremento do aire
e o teu corpo,
tensado pola Vida e pola Morte,
liberando unha man,
logo un pé, outro pé,
e os déngaros xirando entre a poeira
e a cantiga,
todo un pobo subindo polas túas
pernas feitas de fábula e milagre.

A túa Danza acaba madurecendo as vides,
abrindo extensos úteros na quentura da noite
mentres te imitan os Centauros.



Voces do alén-mar
Roberto Díaz

Comentarios

Publicacións populares