CANDO TE SOMES NA LECTURA DO LIBRO
Se vas morrer na guerra leva un libro
Se vas morrer na guerra leva un libro contigo
podes gardalo como billeteira ou frasco de licor
no peto esquerdo do corazón por se a ferida
podes gardalo como billeteira ou frasco de licor
no peto esquerdo do corazón por se a ferida
/vai dar aló
Pode entreter unha espera mentres agardas
a enfermeira que te libre da dor.
a enfermeira que te libre da dor.
Se vas morrer considera utilizalo como almofada
sempre se consegue o efecto digno e desexado.
sempre se consegue o efecto digno e desexado.
Se sofres problemas de circulación baixo as canelas /terá a súa función
Leva un libro de lombos duros en que pousar a copa /de champaña
e recitar deseguido un canto de amor.
e recitar deseguido un canto de amor.
O libro non ten por que tratar dun tema concreto
máis cómpre que leve moitas letras, sempre máis
/que menos,
se cadra poder abrir pola metade e improvisar
nun momento de apuro, poñerlle música e botar
/a bailar.
Na guerra hai momentos de lecer, cando te somes
/na lectura do libro
andas nunha bebedala inmerso en mil historias
/que che farán perder pé.
Se caes prisioneiro terás a gala ser considerado
/polo menos lector
daranche da biblioteca unha cela próxima de
/habitación.
Se alguen se burlase do teu libro dille que é unha boa /táboa
na que picar un chourizo ou unha cenoria.
Se vas á guerra morrer que teña tapas e moitas follas
para tapar furados incontrolados,
se perdes o libro mantén intacta a memoria
e lembra que coa poesía e as palabras
son as guerras mellor gañadas.
A elegancia do século
Pura Tejelo
Imaxe.
Fonte: Archivo Fotográfico de la Delegación de Propaganda y Prensa de Madrid durante la Guerra Civil
Comentarios