CLAMORES DE SOIDADE
O mar en negativo
O mar para Pimentel é un elemento agresivo con clamores de soidade que poden aterrece-las estrelas, como o mar de San Pedro de Benquerencia. O mar da Colleira -illa Colleira, na ría de Viveiro- con silencio hostil persiste nunha chamada dramática convidando ó suicidio, como a Bécquer as ondas e a Rosalía o mar soan misteriosamente na profundidade das catedrais submarinas. Voces innumerables de monstruosas caracolas crean unha atmosfera irracional inquietante.
A bordo de barco sin luces
Luz Pozo Garza
Pinturas de Urbano Lugrís
Comentarios