COMO UN NÓ NA TÚA GORXA

Este cadaleito é para ti

Este cadaleito é para ti, pequeno, non teñas medo, déitate,
Non criamos na morte, mira… As cruces son de papel de prata.
Escoitas? Todos os campanarios arrincáronse a lingua?
Non te esqueceremos, creo, creo, cre…
A fe se desangra pola costura interior da túa manga,
cantos, oracións, salmos ínchanse como un nó na túa garganta
en metade deste maldito inverno vestido de caqui,
e febreiro solloza ao sacar o tinteiro.
E a vela gotea sobre a mesa, ardendo e ardendo…
unha bala chamada vida ben agarrada no teu puño.

Iya Kiva (Donetsk, 1984)

A frase “febreiro solloza ao sacar o tinteiro” do seu poema é unha referencia a estes versos de Boris Pastenak: “Febreiro. Tomar a tinta e chorar! / Escribir de febreiro sollozando, / mentres a lameira ruidosa / arde como negra primavera”.

Fotografía © NURPHOTO



Comentarios

Publicacións populares