DE NINGUÉN ME PUIDEN DESPEDIR
9 de outubro, 10 pm, IMSS
Está prohibida a palabra morte
dise carencia de medicinas
tratamentos insostibles
sistema de saúde colapsado.
Dise as enfermeiras non dan abasto
deixan as camas nos corredores.
Dise ninguén pode pagar isto.
Dise o meu tío, o meu avó,
a sobriña que fai moito non vía
o xefe ao que lle desexaba a morte
o amigo que non tiña máis familia
de ninguén me puiden despedir.
Dise pénsao ben.
Dise de todos os xeitos un paga o osíxeno.
Dise cóideo en casa o máis posible
delle zume de laranxa
brócoli
té de cebola
xarope de cuatecomate
Tylex 750
Oseltamivir
Cronolevel con netromicina
Dise ninguén se vai por covid
o importante é o osíxeno
a temperatura
o azucre
o colesterol.
Dise teña paciencia.
Dise mellor non o interne.
Dise non tivemos outra opción.
dise carencia de medicinas
tratamentos insostibles
sistema de saúde colapsado.
Dise as enfermeiras non dan abasto
deixan as camas nos corredores.
Dise ninguén pode pagar isto.
Dise o meu tío, o meu avó,
a sobriña que fai moito non vía
o xefe ao que lle desexaba a morte
o amigo que non tiña máis familia
de ninguén me puiden despedir.
Dise pénsao ben.
Dise de todos os xeitos un paga o osíxeno.
Dise cóideo en casa o máis posible
delle zume de laranxa
brócoli
té de cebola
xarope de cuatecomate
Tylex 750
Oseltamivir
Cronolevel con netromicina
Dise ninguén se vai por covid
o importante é o osíxeno
a temperatura
o azucre
o colesterol.
Dise teña paciencia.
Dise mellor non o interne.
Dise non tivemos outra opción.
Mariam Rojas
Fotografias de Rodrigo Arangua e Cumaps
Comentarios