SEN QUE NINGUEN A CONDOIA

  

A bruxa

Probe velliña encorvada
baixo do peso dos anos,
que cicais os desenganos
aumentaron i o pesar.
Negra, fraca e consomida
pola fame i a tristura
esa enfeliz creatura
cuasque cega de chorar.
Vive soila cos pesares
sen que ninguen a condoia,
soilo o pau en que se apoia
fai compaña o seu delor.
Todo-la miran de esguello
e fuxen cando ela pasa,
e non hai chouza nin casa
onde non ispire horror.
Nunca fixo mal a nadia;
mais si sen pon un miniño
pouco a pouco mirradiño,
sempre ela culpa ha de ter.
Ela leva a culpa toda
se algún gado enferma ou morre:
e nin ninguén a socorre,
nin ninguen a pode ver.
I a enfeliz namentres tanto,
que é de todos maldecida
ponse a pensar que na vida
sempre lle tocou sofrir.
Cando era moza era probe
e fea e naide a miraba,
ningun mozo a cortexaba
i en vez de se devertir
nas festas, choraba sempre
bagullas que ninguen vía
pranto ardente que caía
enriba do curazon.
I ora que é vella e se atopa
sen agarimo ni emparo,
aldráxana sen roparo,
ninguen lle ten compaseón.

Follatos
Filomena Dato Muruais

Pinturas negras de Francisco  de Goya

Comentarios

Publicacións populares