A ENTRADA DUN PARAÍSO
Terra venezolana
Na mañanciña, o buque comezou a trepidar de novo, lento. Tan lentamente, tan suavemente, que a penas deixaba ronsel, o transatlántico avanzaba maxestoso deica a terra. E foi unha decepción contemplar nas primeiras luces da alba aquela terra que se acercaba máis e máis, cunhas casiñas algo míseras penduradas nas faldras duns pequenos picoutos, pintadas de azul, de vermello oscuro, verde, amarelo, branco. Era un pintoresco espectáculo, pero para os que agardaban nada máis saír do barco atoparse cos rañaceos, era por demais deprimente a chegada a aquel peirao.
- Esto é Venezuela? Preguntoulle Enma ó seu acompañante da antevéspera, que se atopaba na cuberta preto dela.
- Non, filla miña, esto é soamente A Guayra, o porto. Anque xa é Venezuela, é soamente a entrada. Pero ten en conta, que esta entrada tan pouco fermosa é a entrada dun paraíso para moitos, que é Caracas. E ti non vas alí?
- Non eu vou a Valera, a traballar nun hospital.
- Pero vas pasar a Caracas, e eu vou ensínarche o máis fermoso e importante dela. O mellor que ten a miña cidade. Xa verás. Encantarache e xa non quererás saír dela...
Os Aldán foron a América
Pura Vázquez
Pura Vázquez
Comentarios