BENDITA DAGA
Xulieta esperta
XULIETA
Oh, frade reconfortador, onde está o meu esposo?
e aquí estou. Onde está Romeo?
Lembro moi ben onde debía estar eu,
e aquí estou. Onde está Romeo?
Oh, frade reconfortador, onde está o meu esposo?
e aquí estou. Onde está Romeo?
Lembro moi ben onde debía estar eu,
e aquí estou. Onde está Romeo?
FREI LOURENZO
Sinto ruído, Xulieta. Deixa este niño
de morte, contaxio e soño contra natura.
Un poder superior que non podemos contradicir
frustrou os nosos plans. Veña, vamos.
O teu esposo xace morto á túa beira,
e tamén Paris. Veña, deixareite
nunha comunidade de santas monxas.
Non fagas preguntas, que chega a garda.
Ven, querida Xulieta, non me atrevo a seguir aquí.
Sae
XULIETA
Váiase, entón, que eu non me vou.
Que é isto? Un frasco apreixado na man
do meu amor? O veleno a súa fin prematura.
Oh, mesquiño, bebíchelo sen deixar unha gota
que me axude a seguirte? Bicarei os teus beizos
Quizais aínda quede neles veleno
para morrer con este bálsamo.
Os teus labios están quentes.
Dentro
GARDA PRIMEIRO
Lévanos, rapaz. Por onde?
XULIETA
Que? Ruído? Abreviemos. Bendita daga,
esta e a túa vaíña. Enferrúxate aquí
e deixa que morra.
Entra o paxe coa garda.
Romeo e Xulieta
William Shakespeare
Fotogramas do filme Romeo e Giulietta (1968), Franco Zeffirelli
Comentarios