NUBES FUXITIVAS QUE DELATAN A CHUVIA

E sentín a chuvia

Conmigo amabas ese espacio
a aurora e os acenos das aves
que sinalan outonos no misterio dos ciclos
celestes
que sobrevive ó tempo

nas rexións esvaídas polo inverno
no norte e as camelias

Amábamos as nubes fuxitivas
que
delatan a chuvia e o mar que se confunde coa esperanza
cando chega o verán daquela infancia fascinada

Amábamos tamén a primavera
As prímulas
As lilas
As pálidas anémonas de floración temprana
coma as fontes
E sobre todo amabas as violetas...
Prometeo a flor de loto
Luz Pozo Garza

Pinturas de Pierre-Auguste Renoir


 

Comentarios

Publicacións populares