DA ALDEA AO BULEVAR

 



A galega en París

A rapaza galega, que chegou a Paris

en longa "promenada" da aldea ao bulevar,

garda, baixo da tona do seu francés pavero,

todo o esprito da terra, todo o celme aldeán.

O mundo en que se atopa é tamén verdecente,

con xente branca e loura e só de estrana lingua,

mais, para sentirse a xeito e vivir señardades,

ouvir, lle compre, a gaita , na feira da Bastilla.

Aínda que, engaiolada en París, polo engado,

pode ter "randevus" na porta do metro,

pode troular nas rúas o catorce de xullo,

da saudade,  a espiña, leva no corazón.

A galega en París, baila o valse "musetta",

na "gangueta" rebulda, se "amusa" ao Luna Park,

e un "copén" do "cartier", "garçon de pharmasí",

nas seráns de "conxe" a leva ao "cinemá".

Máis de noite, na "chambre", ten "rêves" do seu lugar

—os eidos non esquence, nin o cheiro das mazás

e pensa no mociño, e dalle ao derradeiro

tango de Tino Rossi, recendos de alalá.

Florencio Delgado Gurriarán


Comentarios

Publicacións populares