TERRA SEN DOOR DE HOMES FAMENTOS
Poema da esperanza
Neno galego:
Se o sol non alumea, berra polos camiños
Se a porta está pechada, empuxa cos cotelos.
Se o sol non alumea, berra polos camiños
Se a porta está pechada, empuxa cos cotelos.
Neno galego:
Se alguén te engana, loita para que a verdade veña.
Esixe a túa terra sen door de homes famentos.
Neno galego:
Cúspelle ós ollos porcos dos homes farturentos,
maldí a quen aldraxa e ponte sempre ergueito.
Neno galego:
Non tremas nin te acouges.
Mañán é outro día.
Non hai ma que cen anos dure,
nin cristo que os resista.
Pinturas de Juan Ramón Villar Chao
Comentarios