PATRIA DE POTESTADE EN AVES E TESOUROS
Pazo Corimbo
Neste lugar querido e afastado
inefable solar
das miñas puras virtuais reliquias
inefable solar
das miñas puras virtuais reliquias
a ti me entrego...
patria da potestade
en aves e tesouros
Pazo da floración
que unha alma visionaria
te contempla
en forma de corimbo...
pura labor das mentes
reservadas
A ti me entrego
vello Pazo...
Coas bágoas imprevistas
das memorias
e os fugaces delirios
pasan as horas alevosamente...
—Graciñas, caro Ovidio
Tempus fugit...
Pazo de Tor
Luz Pozo Garza
Fotografías © Ribeira Sacra/Pazo de Tor
Comentarios