UN PROFUNDO BALEIRO
2 chamadas ao día
Un só familiar
Ring-ring
Informe médico
O meu corazón parece detido
o teu redobra o paso
A voz do doutor en liña
Eu, sen palabras
Oíndo
sen querer escoitar
o teu redobra o paso
A voz do doutor en liña
Eu, sen palabras
Oíndo
sen querer escoitar
Cústame respirar
a ti tamén
a ti tamén
Ten máis de 15 litros de osíxeno por minuto
Necesitamos a súa Autorización
O meu corpo adorméntase
necesítoche
O meu corpo adorméntase
necesítoche
Pecho os ollos
E volvo ser unha nena correndo aos teus brazos
E volvo ser unha nena correndo aos teus brazos
Podo falar con ela?
Bip, bip bip, bip
+ 100 pulsacións x min.
+ 24 respiracións x min.
Bip, bip bip, bip
+ 100 pulsacións x min.
+ 24 respiracións x min.
Eu: Mamá
Ti: Vou morrer verdade?
Ti: Vou morrer verdade?
….
Non esquezo o profundo baleiro desa última mirada na pantalla do celular
Está ben, procedan
Pecho os ollos
E volvo ser nena correndo aos teus brazos
Sen osíxeno o corazón non pode funcionar
Sen osíxeno o corazón non pode funcionar
Comentarios