UNHA BRASA PURA

 

Pequena historia dunha rapariga

Cando naciches,
un deus ficou pensativo
no bosque de estrelas.

unha brasa pura
alomiou sinxelamente
a segreda tebra da vida.

Cando medraches,
cos teus zoquiños
pola chuvia arriba,

queimaban as roseiras
do camiño,
abríuse o ceo en ondas
tépedas ata os humáns.

Miña nena, cando morreches, 
xa deprenderas cedo
a traballar os sulcos
sin xustiza, sin mañán.

Agora un candil alumea
a alcoba valeira

e na fiestra aberta ao ceo
un anxo silencioso
chora.


Os nobres carreiros
Eduardo Moreiras
Pinturas de Francisco Lloréns

Comentarios

Publicacións populares