ESCENA TRISTE DUN TREN QUE PASA
Capas
Canción triste de anella porfía interpretada polos irmáns White
Os irmáns Roland, Eric e Clarence White, antigos compoñentes da formación estadounidense de bluegrass The Kentucky Colonels, reencontrábanse en 1973 tras diferentes aventuras artísticas como non podía ser doutra maneira para instrumentistas de recoñecida solvencia en diferentes eidos musicais. Xunto ao banjista Alan Munde, e co nome de The White Brothers, para outros The New Kentucky Colonels, realizarían unha xira por Europa, da que sairían as pezas incluídas no disco titulado The White Brothers, editado en 1976, cando dita formación disolveuse.
O 15 de xullo de 1973 Clarence White resultaba morto e Roland ferido ao ser embestidos por un vehículo cando se atopaban recollendo o equipo tras unha actuación en Palmdale (California).
A crítica musical da primeira metade dos anos 70 do século pasado recoñecía que a entrada en escena de The White Brothers constituíu un revulsivo dentro da música popular norteamericana, máis tendo o conta o auxe alcanzado polo country rock desde finais da década anterior. O bluegrass adquire sen dúbida un novo púo grazas á mestría dos catro músicos, quen conseguiu darlle un aire actual e alcanzable sen perder as súas mellores esencias campestres, como demostra o disco en directo de The White Brothers, gravado en Suecia.
Cancións: Tell My Baby Why You Been Gone So Long. Banjo Boys Chimes. Last Thing On My Mind. Sally Goodin. Take A Whiff On Me.Rawhide. If You´re Gonna Love Me. I´m Blue, I´m Lonesome. Alabama Jubilee. You Won´t Be Satisfied That Way. Soldier´s Joy/Black Mountain Rag. I Know What It Means To Be Lonesome. Black Berry Blossom. New River Train.
Músicos: Clarence White (guitarra e voz), Roland White (mandolina e voz), Eric White (baixo) y Alan Munde (banjo e armonías vocais).
A canción I'm Blue, I'm Lonesome está incluída no disco The White Brothers, editado en España en 1979 polo selo discográfico Guimbarda. Dita peza, cuxo autor foi James B. Smith, segundo os créditos no LP citado, foi gravada orixinalmente polo mandolinista, cantante e compositor Bill Monroe no ano 1950 para a discográfica DECCA.
Estou triste, estou só
Dáme ganas de parar e chorar
Lembro o día en que che levou lonxe.
Estou triste, estou só tamén.
Quero facer a miña maleta e irme tamén.
A escena triste dun tren que pasa
Dáme ganas de chorar.
O vento dá un suspiro de loito.
Estes blues terribles non podo perdelos de vista
Estou triste, estou só tamén.
Comentarios