LUGO, MEMORIA DE PEDRA


Aristas que rasgan as nubes,
orfebrería de pedra.

Caricia da pedra, da línea,
da fresca penumbra...


A pomba vella e quebrada reposa
os seus días ó doce sol do claustro
do museo.

Retoma os ocos que outras pombas
habitaron o seu setir e os seus
saberes.

Sempre haberá unha pomba no
claustro!



Oh ti. Vento do Este, alento do
Ser de Outono, donde a túa
presencia invisible as follas mortas
viaxan como pantasmas fuxindo dun
feitizo.



Balcóns como vixías
galerías, luz e ferro.

Cristais azul turquesa,
vermellos, amarelentos.

Abalánzanse os balcóns
ó aire do universo.



Galerías, torres e campanas.

Aproximan os desexos das rúas e
das prazas ó seu ceo.


Acuarelas e textos de Isabel Fernández

Comentarios

Publicacións populares