A illa de lago de Innisfree

Erguereime e botarei a andar para Innisfree,
Alí terei unha choupana, feita de canas e de arxila,
E mais nove regos de fabas e unha colmea para o mel,
E vivirei eu só nunha clareira entre o zumbar das abellas.

Algo de paz terei alí, que a paz vén pingando amodiño,
Pingando desde os veos da mañá até onde canta o grilo;
Alí a medianoite é unha luz trémula, e o mediodía un brillo roxo
E o solpor está cheo de alas de liñaceiro.

Erguereime e botarei a andar, de noite e mais de día
Sentindo a auga bater pausada contra a beira do lago;
Aínda vou camiñando pola estrada ou por lastras cincentas
E xa a sinto no máis fondo do corazón.

William Butler Yeats

Fotografías da instalción temporal en Innisfree, de Yong ho Shin y John Randle.

Comentarios

Publicacións populares