AQUELA AMAÑECIDA

 

O día ruín

Nascéu o día, do camiño asoballado e sucio.
Aquela amañecida, que esmorece
na túa correita camisola branca,
quixo tamén asesinar
as máis doces lámparas.
¡A miña, a miña, a verdadeira!,
a que fixen con sangue dos meus sonos,
a que fixo ela con escolas das súas maus.
Xa chégou o día coas ás sucias,
¡tanta lama nas maus!
I un corazón valeiro
no que non fica cantiga ningunha.
A todos os meus versos, tapéilles os pes.
Riba do verdín da solaina ¡tantos mortos!,
verbas, paxaros, ás, libros.

Poemiñas
Luís Pimentel
Pinturas de Shay Kun

Comentarios

Publicacións populares