CHOCOLATE CON BISCOITOS DE MONFORTE

 

Na rúa da Paz de Ourense

Entre as visitas gostaba o neno dun vello todo rasurado, parente lonxano da súa nai. Chamáballe ao neno <<pichón>> e choraba recitando romances de Don Carlos e Dona Margarita.

Estaba chea de engados a vella casa do abó no Espolón. Había chocolate con biscoitos de Monforte, como ladrillos, en branco zucre uns, outros coor do viño chamados <<borrachos>>. Había a fermosa tabaqueira do avó. Co pai e a nai, o neno era levado a visitar a casa de señoras vellas, moi alfaiatadas e abrigadas. Ofrecíanlle sopas do seu chocolate, rindo coa boca sen dentes. Unha levaba un broche ou cerramento do pano-mantón en feitura de  lagarto verde que era o medo e o entusiasmo do neno.

No primeiro piso da casa vivía a boa familia Risco. O Vicente, despoixa e sempre grande amigo, xa medrado dirixía discursos aos gatos dos tellados baixos. Había daquela a manía dos purgantes. A noite era ledo apegar calcamonías na branca pantallo do quinqué. A nai e o pai ensinábanlle a ler ao neno. E tamén a xeografía. Recitaba ben as provincias de España, pero chegando a <<Logroño>> entráballe a risa e había que pasar.

A historia de un neno
Ramón Otero Pedrayo
Ilustracións de Mima

Comentarios

Publicacións populares