MORREREMOS MOZOS E IÑORANTES

 

Guerra

Acó na guerra
Non hai amigos, miña nai
Todos son proxectís que pasan asubiando
Cantigas de cadaleito

Hai homes e mullerres, miña nai
Hainos a esgalla acó na guerra
Cheiramos a cadavre fresco, e sabemos por saber
Que morreremos mozos e iñorantes

Estou só, miña nai
Acó na guerra estou máis só que cando me masturbo
Apalpo a soedade ata cos dentes
E afógame a anguria das preguntas sen resposta

E morro comigo, miña ña
Acó na guerra morro a cada intre
Penso, e non poido, erguerme, fuxir deste inferno
E morro máis aínda
Agardo cunha desas bombas me estoupe no fuciños
E morra ben, morra de todo


Fins do mundo
Salvador Rodríguez

Comentarios

Publicacións populares