OLLOS LIMPOS E A PEL DE ROSA
A hora
Tómame agora que aínda é temperán
e que levo dalias novas na man.
Tómame agora que aínda é sombría
esta apesarada cabeleira miña.
Agora que teño a carne recendente
e os ollos limpos e a pel de rosa.
Agora que calza a miña planta lixeira
a sandalia viva da primavera.
Agora que nos meus beizos repenica a risa
como unha campá sacudida á présa.
Despois..., ah, eu sei
que xa nada diso máis tarde terei!
Que entón inútil será o teu desexo,
como ofrenda posta sobre un mausoleo.
Tómame agora que aínda é temperán
e que teño rica de nardos a man!
Hoxe, e non máis tarde. Antes que anoiteza
e vólvase murcha a corola fresca.
Hoxe, e non mañá. Oh amante! non ves
que a enredadeira medrará alcipreste?
Comentarios