VERSOS DO TÉ, DE MANUEL BLANCO


O profesor e poeta de San Clodio (Ribas de Sil, Lugo), Manuel Blanco López, saca do prelo un novo libro de poesía: Versos do té, en Medulia Editorial S.L., e nunha versión bilingüe.

Desde a editorial recoñecen que o libro: "xa desde a cuberta, coa fermosa ilustración orixinal de Naír Fuentes, dá conta da inspiración oriental da proposta. Poemas curtos de gran sensorialidade onde o amor, o paso do tempo e unha certa resignación ante o devalar da vida, son os puntos cardinais desde un punto de vista temático".

Comentarios

Publicacións populares