APREIXO COXAS, LUMES
Vou apalpando un corpo
de carne verdadeiro,
real tal como un río,
unha pedra, un outeiro.
Achégome ó teu corpo
co meu corpo sedento.
Teño sede de ti,
eu que fun un morcego
Agora apalpo ¡ amo
sin penas e sin medos,
camiño por teu corpo
e béboo cos meus beizos,
beizos antes perdidos
nas tebras como un cego.
Apreixo co istas maus,
rexas que están ardendo,
apreixo coxas, lumes
¡ un corpo compañeiro.
Elí quéimome todo
e berro nos outeiros.
Brinco baril e forte
no outo dos teus seos.
Non hai engano en tí
nin en mín que amo arreo.
Son xa todo esperanza
tranquía no teu peito.
Vou poseendo un corpo
leal e verdadeiro,
tal como van ás augas
a beberen os cervos.
Antón Tovar
Альберт Росей
Comentarios