BUSQUEI OUTRA PATRIA

 

O vento asubía un idioma estranxeiro A Alfredo Pérez Alencart

Crucei mares temibles, ríos convertidos en sepulturas,
desertos onde os ósos reunidos branqueaban as noites,
saltei muros xordos ao berro, ao pranto, ao axúdame meu Deus.
Descubrín que o home é máis fráxil que os peixes, as serpes e os paxaros.

Busquei outra patria e esgotei rúas, parques, catedrais. Preguntei por amigos que xa non existían, chamei a teléfonos falsos que me daban falsas persoas, e descubrín o meu rostro no sucio espello dos charcos. Situado aquí, alleo á xente que pasa e segue un horizonte fixo, son fariña da noite que soña o pan de mañá, froito caído en xardín alleo.

José Antonio Funes

Comentarios

Publicacións populares