ONDE ACOCHAR A PEDRA

 

Non me ates as maus

compañeiro,
que teño que sachar
a terra
e facer un sulco
e un sendeiro
onde acochar a pedra.
Non me zarres os ollos
compañeiro,
que teño que mirar
o mundo
frente a frente
sin que as pálpebras
se pechen polo medo.
E si tés que matarme 
compañeiro,
que sexa caladamente
é ao pé do meu leito,
e dempóis, si tes tempo,
fai queimar 
meus cantos no deserto...
Compañeiro.

A sombra ergueita
María do Carmo Kruckenberg 
Fotografías de © Jim Mangan

Comentarios

Publicacións populares