SACUDIU A CHAQUETA EMBORRALLADA

 

Fomos ver a don Ánxel Fole ó café que
estaba apregado á muralla, e hai un
rastro inverso dun verso de Cervantes

Levantaou a cabeza escalafrada
e mandounos con el tomar asento,
pois quería facernos o comentto
dalgunha cousa nova averiguada.
Sacudiu a chaqueta emborrallada
e engolipou cumprido trago lento
da copa de coñá, e moito atento
—si señor— empezou a parrafada.
Moi axiña soupemos que Cospeito
deriva da palabra conferato
e outras cousas de moito e bon proveito,
e cando o sol poñerse xa quería,
colleu a pucha, requiriu caxato
e díxonos abur deica outro día.

A fraga amurallada
Darío Xohán Cabana

Comentarios

Publicacións populares