SER COMPROMETIDO, CORAZÓN DE OURO


Josephine Baker
"A Venus Negra"

         A man que che fixo fermosa fíxoche boa
         Shakespeare

Non naceu da escuma do mar, como Afrodita
pero si dunha raza vigorosa e puxante
que estendeu as súas raíces máis aló dos límites
do negro continente, máis alá do mar océano
onde se estableceron devanceiros desta muller
chamada "Venus Negra" e tamén "Deusa de ébano"
entre outros moitos belos sobrenomes artísticos.

Foi esta muller nada en Estados Unidos,
onde viviu unha época de revoltas racistas,
unha artista dotada do don de irradiar graza
e facer vibrar a un público, que admiraba a súa arte,
a súa espléndida beleza e aquel corazón de ouro
onde había un espazo sen límites nin fondo.

Trouxo a Europa o prodixio da súa voz e as súas danzas
de gran beleza exótica e ritmos trepidantes,
que bailaba lucindo a súa espléndida figura
moi lixeira de roupas e ata con traxe de Eva,
roupaxe que mostraba a súa silueta impecable
de deusa, na espida pureza das súas liñas.


Foi un ser que causou asombro, non só pola súa arte,
senón tamén por todas as súas moitas calidades
de ser comprometido, que se integrou nos grupos
voluntarios de apoio para a Resistencia
Francesa que loitaba por razóns patrióticas
contra forzas estrañas asentadas en Francia.

Adoptou a moitos nenos de razas moi diversas
nos que puxo todo o amor dunha nai
entregada sen límites a unha misión difícil
de acción contra o racismo, que combinou con prácticas
de corte humanitario, máis a súa faceta artística,
nunca tan depurada nin máis recoñecida
que ao final do conflito mundial que viviu Europa.

Non só era unha Venus, era unha perla negra
de belísimo oriente e acabado perfecto.
Foi tamén "A princesa do tam-tam" nun filme
que  puxo de relevo a súa faceta de estrela,
a súa condición innata de dama aristocrática
que foi exemplo e orgullo da súa raza e o seu sangue.


Eu que admiro o seu templo de muller entrega
á causas que enaltecen a súa condición humana.
quero brindarlle un ramo de loureiro e artemisas
en sinxela homenaxe a esta "deusa de ébano",  
a esta dama que trouxo a Europa a súa arte exótica
e o seu corazón de ouro, exemplo de bondades.

Esbozos de figuras emblemáticas
María Huidobro


Comentarios

Publicacións populares