AS BANCADAS DAS MIÑAS COSTELAS


Non coñecen o meu rostro nocturno
Os meus ollos como cabelos ávidos de espazo
A miña boca cor de sangue descoñecido
A miña pel
Os meus dedos perlados de pracer
Guiarán as súas pestanas cara ás miñas orellas as miñas omoplatas
Cara á paisaxe aberta da miña carne
As bancadas das miñas costelas estréitanse ao pensar
Que a súa voz podería encher a miña gorxa
Que os seus ollos poderían sorrir
Non coñecen a palidez dos meus ombreiros
Na noite
Cando as chamas alucinantes dos pesadelos reclaman
O silencio
Cando os muros brandos da realidade estréitanse
Non saben que os perfumes dos meus días morren na miña lingua
Cando chegan os astutos brandindo coitelos
Cando só queda alto o meu amor
Cando me afundo no bulleiro da noite

Pericoloso, sporgersi. Rapaces, 1960.
Joyce Mansour
Fotograafía de © Tatiana Saavedra
 

Comentarios

Publicacións populares