E A AUGA SORRÍALLE
O peixe máis vello do río
O peixe máis vello do río
de tanta sabedoría
como amontoou, vivía
brillantemente sombrío.
E a auga sorríalle.
Tan sombrío chegou a estar
(nada a auga divírtelle)
que despois de meditar,
tomou o camiño do mar,
é dicir, o da morte.
Riches ti xunto ao río
neno solar. E ese día
o peixe máis vello do río
quitouse o aire sombrío.
E a auga sorríache.
Cancioneiro e romancero de ausencias
Miguel Hernández
1938-1941
Pintura de © Álvaro Reja
Comentarios