NOS ARRABALDOS DOS SOÑOS

Noiteboa en Harlem
Ao pé dunha fotografía de Life

Á porta dos camiños
están izando grímpolas de soños.
Á porta do amencer están os homes
cunha pedra de neve diante os ollos.

No arrabalde do mundo, alá en Harlem,
pasan ríos con albas e bandeiras.
Nos arrabalde dos soños,
ríos de moitedume e de estrelas.
Agardan un albor que esperte á noite 
dos lonxanos abós feitos de tebras.
Un albor de anduriñas
pra libertá dos homes que non chega.
O tamboril das chairas
treme agora nas selvas de cemento.
Todos xuntos na terra. Baixo o ceo
xurde a dóce mañá i a noite morna.
Todos xuntos no mundo,
todos xuntos na mesma Noiteboa.

A libertá de Deus creba cadeas
e acala o fosco canto dos escravos.
A libertá de todos,
pra todos, homes negros e brancos


Longa noite de pedra
Celso Emilio

Fotografías de © Adger Cowans e © Don Hogan Garles

Comentarios

Publicacións populares