NOSO CINEMA DE VECIÑANZA

Jodie Foster

Unha preciosa Iris de doce anos
en relación perversa
co taxista máis famoso do cinema,
Travis Bickle, en Taxi Driver
de Martin Scorsese.
Para o asombro púber,
unha nena disposta
a todo na pantalla.
Despois o nomeamento ao Óscar.
Outra vez, Jodie en Acusados
de Jonathan Kaplan
-xa en 1988.
E logo a Foster
no bordel de Shadows and Fog de 1992.
O descubrimento da nena
Alicia Christian Foster,
nesa pantalla de cuartoscuro
do noso cinema de veciñanza.
Ese neno que residín é un espectador sempiterno
da muller máis bela do mundo
segundo a revista People de 1992,
cuxo nome artístico
foi asignado ao asteroide 17744
da serie (1998 BZ31),
descuberto o 18 de xaneiro daquel ano.

Daniel Téllez 
Fotogramas dos filmes Taxi Driver, 1976de Martin Scorsesee Contact, 1997de Robert Zemeckis

Comentarios

Publicacións populares