UN CORAZÓN QUE SE TENTA CON FLORES
As fiandeiras
Elas saen a traballar
Elas cociñan, corcosen,
pegan botóns.
Elas cociñan, corcosen,
pegan botóns.
Elas producen azucre
na escuridade
e palabras como grúas
e arelanzas termando da mañá.
na escuridade
e palabras como grúas
e arelanzas termando da mañá.
Elas coñecen a alquimia.
Dunha breve semente
fan un neno souril
que vai á escola,
que anda en bicicleta.
Elas, ás veces, choran
por un amor perdido
porque son susceptibles
a esquecementos e promesas.
Elas teñen un corazón
que se tenta con flores
e adoitan sorrir por miudezas
e fíanse das novelas do serán.
Sempre hai unha fiada
baruda entre os seus dedos
e tecen o destino con paciencia
como se recibirfan un mandado lonxano.
Elas están e son a temperancia.
A heroica mantenza. A man.
Foron fundidas en arxila eterna.
Son as bonecass preferidas polo vello alfareiro.
Roberto Díaz
Fotografía de © Roque Soto
Comentarios