UN ENSAIO URBANO
A cidade
Este non é o paraíso nin o anteparaíso
Gladys González
Na cidade é fácil mirar á rúa sen espantarse.
O noxo maniféstase en todas as súas formas
e ninguén vomita.
O noxo maniféstase en todas as súas formas
e ninguén vomita.
Hai cans fracos como pantasmas.
Cargan no fuciño a dor de todas as xeracións
e o lixo nas fachadas
é o paso do home polo mundo.
Cargan no fuciño a dor de todas as xeracións
e o lixo nas fachadas
é o paso do home polo mundo.
Os pequenos problemas das cidades
son os cataclismos dos pobos,
pero hai quen goza da simulación.
son os cataclismos dos pobos,
pero hai quen goza da simulación.
Ao sur todo é un ensaio urbano.
O único fume visible sae do volcán.
Hai poucas avenidas
e predomina o cheiro a vaca.
O único fume visible sae do volcán.
Hai poucas avenidas
e predomina o cheiro a vaca.
Deus ri:
Primeiro serán as pragas,
despois os edificios.
despois os edificios.
Imaxes feitas con Intelixencia Artificial por @lapetitemachine
Comentarios