CHEGÁMOS Á FRAGA AMURALLADA E APOUSÁMOS NO SEU REDOR
Nacéramos no val ou no alto monte
onde o vento nas árbores cantaba
o reiseñor das albas pregoaba
a gloria do regueiro e máis da fonte.
Amabamos o fúlxido horizonte,
a fraga mesta que o poeta gaba
e as pradelas en flor e a terra brava,
montesía e xangal morada de onte.
Mais un día viñemos e arraigámos
nos arrabaldos novos, oh cidade!,
e pisámosche as rúas empedradas,
e agora somos teus e ben te amamos,
e ás vegadas tamén temos saudade
das terras atrás nosa abandandoadas.
onde o vento nas árbores cantaba
o reiseñor das albas pregoaba
a gloria do regueiro e máis da fonte.
Amabamos o fúlxido horizonte,
a fraga mesta que o poeta gaba
e as pradelas en flor e a terra brava,
montesía e xangal morada de onte.
Mais un día viñemos e arraigámos
nos arrabaldos novos, oh cidade!,
e pisámosche as rúas empedradas,
e agora somos teus e ben te amamos,
e ás vegadas tamén temos saudade
das terras atrás nosa abandandoadas.
A fraga amurallada
Darío Xohán Cabana
Óleo: Fortaleza augusta, de Pacios
Comentarios