DEBUXANDO EN FUTURA MEMORIA

 

Revelación das gárgolas

O mestre que labrou tan tosca pedra
sentiu inapreciado o seu labor de orfebre
apenas a mulller torno a vista.
Maxinou entón amada que non fora
devota de aquel dogma nen un froito do tempo:
así foi debuxando en futura memoria
unha muller doce acostumada ao arte.
E xusto para os ollos que quizais intuiu
esculpiu sen trégoa as sús gárgolas míticas.
Non houbo pulo ascético nen teima de artesano
nen creativo furor de poeta de pedra.
Houbo tan só o amor de quen dixo algún día
añorando un porvir concebido en silencio:
enterrarse ela cando coñeza ao bardo.

A boca violeta
Claudio Rodríguez Fer
Pintura de Edward Burne-Jones


Comentarios

Publicacións populares