O RÍO ESVELTO E BELO DAS TÚAS PERNAS

 

Satélite do amor

A lúa é a nai do patetismo e a piedade.
Wallace Stevens

É fermoso e sagrado o reino da noite,
pobóano suaves seres que maquillan os seus ollos
e mesturan a tristeza co sabor do xúbilo.
Seres agrestes para quen o amor ten
todos os nomes do perigo. As lámpadas deixan
o seu ámbar pola noite. A choiva a súa dozura.
Os inmaturos corpos o delicado cheiro do seu erotismo.
Roxen as motos. Cada porta é unha viaxe sen destino.
Entón o teu cabelo, como a pel suave dos ombreiros
espidos, abunda máis en bronce, abandónase aos tactos.
Son máis doces os beizos. Máis cálido de lúa o río
esvelto e belo das túas pernas. Somos dese reino,
onde como en Chuang-tsé, o filósofo, mestúrase soño e vida.
Onde amar é provocación e goce, e un corpo o misticismo.


A viaxe a Bizancio 
Luis Antonio de Villena
Fotografías de © Karl Stoecker 

Comentarios

Publicacións populares