QUEN ME TROUXO
Emigrante
Quen son eu, quen me trouxo,
quen me ten que levar!
Lonxe quedou o muíño,
tamén lonxe o piñeiral.
Quen é o veciño meu,
o polaco que chora ardentes bágoas,
ise loiro rapaz que non vai ó traballo
porque di que o mencer ten veneno de serpe!
quen me ten que levar!
Lonxe quedou o muíño,
tamén lonxe o piñeiral.
Quen é o veciño meu,
o polaco que chora ardentes bágoas,
ise loiro rapaz que non vai ó traballo
porque di que o mencer ten veneno de serpe!
Quen son eu, quen me trouxo?
E quen me levara diste inferno das moedas
ó ceu da caridá!
E quen me levara diste inferno das moedas
ó ceu da caridá!
Lonxe
Lorenzo Varela
Lorenzo Varela
Emigrante esperando, pintura de Luís Seoane
Comentarios