CAMIÑO Á CONTEMPLACIÓN
Mentres ti dormes
Cando ti dormes
pos os pés moi xuntos,
alta a cara e ladeada, e cruzas
e alzas os xeonllos, non astutos aínda;
a man silenciosa na fazula esquerda
e a man dereita no ombreiro que é porta
e oración non maldita.
pos os pés moi xuntos,
alta a cara e ladeada, e cruzas
e alzas os xeonllos, non astutos aínda;
a man silenciosa na fazula esquerda
e a man dereita no ombreiro que é porta
e oración non maldita.
Que corpo tan querido,
xunto á dor lasciva do seu soño,
coa súa inocencia e a súa liberdade,
como recentemente chovido.
xunto á dor lasciva do seu soño,
coa súa inocencia e a súa liberdade,
como recentemente chovido.
Agora que estás a durmir
e a mañá da almofada,
a ondada das sabas,
danme camiño á contemplación,
non ao soño, pon, pon os teus dedos
nos beizos,
e o polgar na tempa,
como agora. E déixame que ande
o que estou a ver e amo: a túa maneira
de durmir, case nena,
e a túa respiración tan limpa que é suspiro
e chega case ao bico.
Estou a acompañarte. Espértate. É de día.
e a mañá da almofada,
a ondada das sabas,
danme camiño á contemplación,
non ao soño, pon, pon os teus dedos
nos beizos,
e o polgar na tempa,
como agora. E déixame que ande
o que estou a ver e amo: a túa maneira
de durmir, case nena,
e a túa respiración tan limpa que é suspiro
e chega case ao bico.
Estou a acompañarte. Espértate. É de día.
O voo da celebración
Claudio Rodríguez
Fotografía de Lyna Scheynius
Comentarios