IRMÁN DAS BOLBORETAS

Neniño

Ou, meu neniño en fror,

almiña branca,

irmán das bolboretas

das auroras.

que cando todo en torno brila e canta,

no colo da túa nai xemes e choras!


Que a virtude encamiñe a tua vida

rumbo ós diviños pazos lampexantes

e cando chegue o día da partida,

antre as bágoas da eterna despedida

ti surrías e cantes!


William Jones
Pintura de Annie Louisa Swynnerton


Comentarios

Publicacións populares