MOVEMENTO CALMO
(barco na escuridade)
estou sentado nun barco
e a escuridade é o barco no que estou sentado
o barco está en movemento calmo Escura
e matutina noite A auga é negra
está en movemento calmo Alá
está a costa e as casas Escoito as ondas
golpeando a costa
e penso que as casas son brancas
estou sentado nun barco
e non hai unha soa persoa
estou sentado nun barco e son
unha auga sen ondas
non son unha persoa
e hai calma
porque xa non son persoa
son calma nun barco
son a escuridade nun barco
e todo é azul e está escuro
tan húmido e escuro
Jon Fosse
Premio Nobel de Literatura 2023
Premio Nobel de Literatura 2023
Gravados de Ricardo Baroja
Comentarios