QUIROGA, TERRITORIO LITERARIO
Casa onde viviron Pura e Dora Vázquez na nenez.
Unha das casas onde viviu Ernesto Guerra Da Cal.
San Vitoiro, nesta casa naceu Luis Losada, escritor, filosofo e teólogo quirogués do século XVIII.
Casa sa Veiguiña, onde estivo como mestre Ánxel Fole.
No Hospital residiu Consuelo a Quiroguesa, avoa de Manuel María.
... e chegou o día!
Por Ramón Vila Anca
Hoxe -1 de outubro de 2023- fixemos por primeira vez un roteiro que levaba moitos anos na cabeza de varias persoas, algúns presentes hoxe, outros ausentes pero presentes. Grazas pola vosa colaboración e traballo: Celia Díaz, Xosé Estévez, Pepe Pérez Mondelo, Roque Soto Soto e Eva Teijeiro. Ademais o destino fixo que xuntásemos música e literatura; grazas enormes a Xavier Balanco e Martina Ferradas da fundación Legar con sede na Seara. Unha vez máis deixáchenos coa boca aberta coa túa música.
Aínda que non estiveron presentes, grazas as mozas e mozos do IES de Quiroga e o CEIP de Quiroga, que prestaron as súas voces para dar vida na web www.museosquiroga.org a este roteiro literario.
Por suposto grazas a tod@s @s que participastes coa vosa presenza no roteiro de hoxe, como quedou demostrado somos especiais.
Oxalá a ruta medre e honre como se merece as nosas escritores e escritoras.
Comentarios