INDO CARA AOS ENTULLOS

 

Aquela vida

Vou ver como morreron
indo cara aos entullos
indo para velos aí
tranquilos sobre o outeiro da intervención
 
Querido Narciso de mércores, que hora é
que morte é esta
que planeta na man da viúva
cinco ou tres?

O seu vestido florecía
nós eramos
flores abandonadas sobre o seu vestido

Queridos limiares das mulleres, canto é unha vida
que tempo é un río
cantas dagas hai no sangue
da arremuíñante tormenta
tres ou cinco?

Deixamos que a cidade xogase
e gardamos enrolados os nosos amplos veos

Vou ver como morreron
indo cara aos entullos
indo para ver a súa morte
outeiros do norte
vento que se levanta do sur
vou chamalos polos seus nomes

Ghassan Zaqtan (1954, Beit Jala, Palestina)

Imaxes: ©Hassan Eslaiah/AP Photo e ©AFP



Comentarios

Publicacións populares