NOSTALXIAS FONDAS
Vinicius de Moraes
O certo e que eu estaba
e a praia sen ninguén
na noite marxinal dos decotados,
cando o bruído do mar
e a escuridade
congregaban para as nostalxias fondas,
agardando o mencer por toda espranza,
fitando a lúa branca
que era somentes un lixo no medio do ceo,
e entón súpetamente
pensei en vostede
e lembrei os seus versos.
Rexistro de menores espantos
Xoán-Manuel Casado
Pintura de Jean-Yves Quentric
Comentarios