ÁNIMAS SEN ÁNIMO

A SOLEMNIDADE dunha construcción antiga
as paredes cubertas de liques amoreados
nas fendas, berrando no interior dos muros
un fato de ánimas sen ánimo que 
ían sempre ían 
camiñaban 
cara a diante e cara a ningures.

Un río baleiro.
Un río baleiro.

Onde estaba o meu tempo?
Onde a miña voz, as miñas cousas,
onde?
Onde o corpo que eu levaba comigo
o corpo que me trouxera a min,
onde?

Claustro Corda Comensal
Samuel Merino

Comentarios

Publicacións populares