OS ÍNTIMOS OBXETOS

Interiores

É fermoso ficar contemplando estes panos,
estes libros e xerras, esta mesa abastada,
sabendo que algún día o tempo os destruirá
por moito que a inocencia pretenda conservalos.

Gardan algo de nós os íntimos obxetos
e as secretas presencias durmidas desta casa.
O tempo que vivimos, os soños que soñamos,
as caricias e pasos que foron e son nada.

Estou só, divagando de vagar entre os cuartos
como se un ladrón andivese a apalpalos.
Esculcando os armarios, abrindo caixóns e arcas,
o silencio e a humidade da casa sonme estraños.

Dársenas do ocaso
Xavier Seoane

Comentarios

Publicacións populares