POLA ORELA DE LAXE
O Rastro
Domingo. Recordo con ledicia aqueles días no Rastro madrileño. Cedo, denantes que a invasión de visitantes fixésese masiva, acudía á cita cun mundo de cousas inconcibíbeis, de cacharradas estrafalarias, ás veces como moitos dos visitantes desa feira castiza e festiva. Despois de subir a rúa de Atocha, cruzada a Praza de Tirso de Molina, chegado ante a estatua de Cascorro, baixaba a Ribera de Curtidores.
Alí tédesme escaravellando nos postos dos discos de vinilo, xa fai tempo. Agora remataron os choios. O Rastro xa non é aquel anaco de cidade, baroxiano, con fedor a animal de carga, a vaquería… E queda a imaxe do pescantín sen cana, sen mollar o cu, buscando a sorpresa, como un robinsón urbano pola orela de laxe tralas pegadas de obxectos expulsados do templo, para salvalos do canibalismo do tempo.
Fotografía de Emilio Blanco "Milucho", un domingo de agosto moi quente de 1985, unha xornada doada para desccender ao Averno e tomar unhas "cañas" de cervexa ata se é necesario co Lucifer.
Comentarios