PRA COCE-LO PAN

 

O forno

O mesmo que ocorre coa eira e coa adega ocorre tamén con outra construción, que unha veces é privada e outras comunal e que se pode atopar formando parte da casa ou independente dela: referimonos ó forno pra coce-lo pan.

En xeral, o forno consiste nunha bouta de media laranxa, chamada capilla, cunha boca pra acendelo e pra enfornar; por riba da boca leva nunha pedra sainte e inclinada, o capilé, pra dete-las faiscas do lume. Por frente da boca sae unha losa, lareira, cun burato no centro polo que se fai cae-la cinsa na fornalleira ou borralleira, sorte de caixa de pedra que queda por baixo do forno. O forno recóbrese exteriormente con pedras e barro; a parte superior leva o nome de capoeira. Algúns fornos levan a carón de sí unha mesa de pedra para pousa-las cousas: é o tendal.

Correntemente, o forno é de pedra, de gra ou pizarra, segundo os sitios, mais comenzan a gora a se faceren de ladrilo, algo mais pequenos, poruqe son mellores de quentar; por isto atopamos algunhas veces fornos antigos de pedra que foron revestidos modernamente con ladrillos no seu interior.

A casa
Xaquín Lorenzo
Fotografía de Sam Rock

Comentarios

Publicacións populares