Só es ese
Nada como o camareiro
dunha cafetería de hotel
para facerche sentir
a túa efémera condición.
Medio borracho,
co vaso na man, cheo
da túa pequena importancia,
para el só es ese
que mañá non estará.
Karmelo Iribarren
Pintura: O bebedor, de Umberto Boccioni
Comentarios