MEDO ADOLESCENTE


Bautismo de sangue

Cando eu era un autómata —fai anos—
tiña eléctricos os pés ios saúdos.
A paisaxe choraba en longas chairas
con acios de homes mortos, insepultos.
(Un, dous, vista á esquerda).
A patria latexaba nos meus pulsos.
(Un, dous, marchen de fronte).
O aire estaba envolto nun escuro
suceso da nenez nas carballeiras.
Camiñar sen parar por entre o fumo
con bosques de fusiles sobre os ollos.
Por debaixo da noite un medo oculto,
un medo adolescente que mancaba,
que furaba as virillas, fosco, mudo,
coma unha cobra arrastra polo sangue.
O xefe cabalgaba.  Había muros
mestos de sombras.
Todo estaba moi lonxe. O mesmo mundo
estaba alá moi lonxe. O mesmo mundo
estaba alá moi lonxe. (Corpo a terra).
Somente que deu fruito
de soedá ao fondo dun camiño.
Os neno abandonado era xa adulto.
(Rompan fías, un dous)
Era carne de amor entre dous sulcos.


Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferrreiro
Fotografías: BNE 

Comentarios

Publicacións populares