O PEREGRINO ESPRITO

 



Cando xa señas vella


Cando xa señas vella, e gris, e chea se sono

dormites xunto ao lume, colle este libro, e  lendo

de vagar, soña un pouco naquel ollar tan tenro

e aquelas fondas sombras que tiveron teus ollos.


Como moitos amaron a túa gracia leda,

e esa beleza túa, de amor falso ou sentido,

mais un amou en ti o peregrino esprito,

a tódalas tristuras da túa face inqueda.


E sobre as barras roxas da lareira inclinada

murmura, un pouco triste, como o amor fuxira,

para irse a camiñar nos montes, alá enriba,

e nun mundo de estrelas esconder a súa cara.


W.B. Yeats


Comentarios

Publicacións populares